miércoles, 2 de mayo de 2012

RUTA 1

Ruta dá Devesa dá Rogueira: Esta ruta mostraranos unha das paraxes máis fermosas de Galiza. Para facela recomendamos ter dous coches. Un esperándonos á chegada na Aula dá Natureza de Moreda e outro que nos levará ao principio da ruta, na parte de arriba da Devesa. Para chegar a este punto, sairemos de Seoane en dirección ao Cámping de Esperante, Castelo de Carbedo e principio da ruta.
Castelo de Carbedo: A fortaleza de Carbedo atópase situado no antigo camiño que comunicaba Galiza co Bierzo, sobre unha gran rocha de 20 metros de altura que lle serve de defensa natural. Non se sabe a data exacta da súa construción, aínda que si se sabe que pertenceu ao cabaleiro Don Nuñez Peláez, que posteriormente o doou á Orde de Santiago, de gran poder na época. Na actualidade o seu aspecto é ruinoso, conservándose parte dos seus muros e do torreón circular. Nas súas proximidades atopouse unha Táboa da Hospitalidade, datada no ano 28 a.c., que se conserva no Museo de Lugo.

Devesa dá Rogueira:  A Devesa dá Rogueira é a reserva botánica máis importante de Galiza. Situada no corazón *da serra e rodeada polos cumes do Alto do Coto e de Formigueiros, é a ruta obrigada para todo o que se penetre por primeira vez no Caurel.
Aínda que pequena na súa extensión, 200 hectáreas, esta devesa alberga multitude de especies arbóreas que non permiten entrar os raios do sol. Acivros, haxas, carballos, bidueiros, castiñeiros, aveleiros... exemplares de todas as idades e tamaños que creceron nesta reserva que nos preparamos a percorrer, e que, grazas á súa propia humidade e ás pequenas canles que a percorren, estivo sempre a salvo de incendios.
Existen varias opcións para percorrer a pé a Devesa. A primeira comeza na aula de Natureza de Moreda, onde poderemos aprovisionarnos de material para a visita, que complementaremos cos distintos paneis existentes na ruta. Esta ruta aínda que comeza en chairo ten a dificultade da continua ascensión até a devesa á que chegaremos en media hora.
Na parte de arriba do bosque o camiño bifúrcase. O da dereita lévanos a un miradoiro desde o que contemplamos unha fermosa panorámica do Caurel e dos pobos de Moreda e Parada, berce do poeta Uxío Novo Neira. Desde este miradoiro continua unha pista de terra que ascende ao Monte Formigueiros, desde o cal podemos chegar á lagoa de Lucenza, formación de orixe glaciar. Polo camiño da esquerda chegamos en pouco tempo ás Fontes do Cervo, que teñen a particularidade que una delas ten augas calcáreas e transparentes mentres que a outra é de augas ferruxinosas, con propiedades curativas.
Como reflectimos, esta ruta é de bastante dificultade debido á continua pendente, polo que outra opción é facela en sentido inverso, desde o Alto do Couto. Para chegar alí, desde Seoane dirixímonos a Esperante. Pasamos o Cámping Caurel e os pobos de Esperante e Carboedo e tomamos unha desviación á dereita en dirección a Visuña. Despois de admirar o Castelo de Carbedo, que se alza sobre unha roca e do que hoxe se conserva parte da súa estrutura, chegamos ao Alto do Couto, onde un sinal á beira dunha pequena área recreativa indícanos o comezo do descenso.
Ademais da Devesa da Rogueira, existen outros exemplos de bosques autóctonos como a Devesa de Romeor ou a de Paderne.

GASTRONOMÍA AUTOCTONA DO COUREL

Todas as características xeográficas que comentamos condicionan o tipo de alimentación da Serra de O Caurel. En calquera dos seus poucos e familiares restaurantes existentes e despois dunha das nosas camiñadas, sentarémonos á mesa para degustar a súa gastronomía típica, baseada en tres eixos fundamentais. A caza, entre a que destacamos o xabaril, excelentemente preparado neste municipio, a pesca, co sabor das troitas do Río Lor e os seus afluentes e o cocido, no que a omnipresente castaña substitúe á pataca. A Castaña e o Caurel Os soutos de castiñeiros forman un das paisaxes máis típicas do Caurel. Esta árbore, do que podemos ver exemplares centenarios en toda a serra, está intimamente ligado á forma de vida dos habitantes da Serra. Durante os séculos, estas xentes utilizaron a súa madeira para quentarse no duro inverno, o seu froito para a súa alimentación e a dos animais que durmían sobre as súas follas. A flor (candea) é utilizada para obter mel. Na actualidade, a castaña é un elemento crave da gastronomía local, en substitución da pataca, e acompañando ao porco, o outro protagonista da gastronomía local. A Festa da Castaña celébrase en novembro cunha degustación gratuíta de produtos da terra e queimada. Micoloxía: Unha devesa con tantas especies arbóreas e esas condicións óptimas de humidade provoca o desenvolvemento perfecto de fungos e cogomelos. Linguas de gato (Hydnum repandum), lingua de vaca (Fistulina Hepática) ademais de diversas variedades de boletus (Boletus Edulis, Boletus pinicola, Boletus aestivales) atopan nestes frondosos bosques o seu hábitat ideal. Xa nos prados podemos atopar outras especies comestibles como lepiotas (Macrolepiota Procera), champiñóns (Agaricus Campester) e coprinos (Coprinus comatus). Convén lembrar que non se deben colleitar cogomelos sen coñecelas, xa que existen moitas perigosas e mesmo mortais, como a Amanita Muscaria e a Amanita Phalloides que tamén atopamos nas nosas rutas.

FLORA e FAUNA DO COUREL

Flora: Debido as condicións climatolóxicas e a estas diferenzas de altura entre as cumes e vales atopámonos ante a reserva botánica máis importante de Galiza. A beira dos diversos ríos, encontramonos as devesas, bosques de especies autóctonas que no Courel alcanzan a súa maxima expresión na Devesa da Rogueira. Castiñeiros, carballos, aciñeiras, bidueiros, acivros, xestas,... Un verdadeiro paraíso para o amante da natureza. De entre todos destacamos o castiñeiro, sempre presente en todos os nosos percorridos e auténtico recurso para todo. Fauna: Esta gran cantidade de ecosistemas diferentes que existen no Caurel provocan que a diversidade faunística sexa moi ampla. Noutros tempos, estas serras foron elixidas por comunidades de osos pardos que, na actualidade, recluíronse nas montañas asturianas. Nas nosas rutas poderemos atoparnos cunha manda de lobos, nalgunha das súas incursións nocturnas, ou de xabarís, que teñen nas castañas o seu mellor alimento. Raposos, teixugos, martas, corzos, xinetas, armiños... todos eles teñen o seu sitio no Caurel. Desde as árbores, seremos observados polo moucho real. No aire, gozaremos cos maxestosos voos da aguia real e a cobreira, ademais do milano e varias especies de aguiluchos.

XEOGRAFÍA DO COUREL

O municipio de Folgoso do courel é o centro da Serra do mesmo nome. O territorio é montañoso con cumes destacadas como a de Formigueiros (1643m), a de Pía Paxaro (1619m) e a de Montouto. De esas elevadas montañas descenden numerosos cauces fluviais que dan lugar a variados ecosistemas, entre os que destaca o Río Lor, que recorre toda a comarca, desde o seu nacemento no Cebreiro ata a desembocadura no Río Sil, ao seu paso por Augasmestas. Os diversos afluentes do Lor, Forman ao seu paso os típicos vales do Courel. En canto ao substrato xeolóxico debemos destacar que a pizarra é o elemento predominante. Ademais de esta, durante a época de dominación romana se extraía ferro, ouro e antimonio. Estamos nunha das zoas de Galiza menos poboadas, cunha densidade aproximada de 15 habitantes/Km2, a maior parte dos calees traballan no sector primario. As explotacións forestais e de pizarra tamén son unha importante fonte de ingresos.

HISTORIA DO COUREL

A historia do Courel está determinada polo seu illamento xeográfico, que o fixo estar apartado de moitos feitos históricos que tiñan lugar noutras zonas de Galiza. Están inventariados poboacións castrexas como a de Vilar e a de A Torre, ademais da multitude de covas rupestres onde sobrevivían os nosos antepasados, entre as cales destaca a do Oso en Moreda. A orixe do nome do Courel pode derivar de aureum(oro) debido á gran cantidade de explotacións a ceo aberto que realizaron os romanos. Durante a súa estancia nestas terras, aproveitaron esta riqueza grazas á forza dos ríos e a sofisticadas obras de enxeñería como é a “ruína montium”. Entre as minas máis importantes podemos destacar a de Toca e a de Torubio Oeste. No monte Cido apareceron as dúas pezas arqueolóxicas máis coñecidas do Courel: unha táboa de hospitalidade do ano 28 d.c, e unha aguia de bronce dos romanos, pezas que se encontran a día de hoxe no Museo de Lugo. Durante a Idade Media, constrúese a Fortaleza de Carbedo. A fins do século VIII, ten lugar o feito histórico máis relevante do municipio. Os monxes de Samos resgardan da ira do seu tío ao futuro Rei Alfonso El Castro na parroquia de St. María de Folgoso, xunto ao río Lor. Este illamento xeográfico continúa en posteriores épocas, nas que a maior fonte de riqueza é a explotación dos diferentes recursos minerais, non podendo evitar un decrecemento da súa poboación, que buscaba na emigración unha saída a eses problemas xeográficos. Na actualidade, o municipio da Serra do Courel conserva as súas tradicións, comezando a surxir pequenas casas de turismo rural que dan aloxamento a unha clase de turistas, os cales saben apreciar como ninguén a tranquilidade e a beleza destas terras.