miércoles, 2 de mayo de 2012

HISTORIA DO COUREL

A historia do Courel está determinada polo seu illamento xeográfico, que o fixo estar apartado de moitos feitos históricos que tiñan lugar noutras zonas de Galiza. Están inventariados poboacións castrexas como a de Vilar e a de A Torre, ademais da multitude de covas rupestres onde sobrevivían os nosos antepasados, entre as cales destaca a do Oso en Moreda. A orixe do nome do Courel pode derivar de aureum(oro) debido á gran cantidade de explotacións a ceo aberto que realizaron os romanos. Durante a súa estancia nestas terras, aproveitaron esta riqueza grazas á forza dos ríos e a sofisticadas obras de enxeñería como é a “ruína montium”. Entre as minas máis importantes podemos destacar a de Toca e a de Torubio Oeste. No monte Cido apareceron as dúas pezas arqueolóxicas máis coñecidas do Courel: unha táboa de hospitalidade do ano 28 d.c, e unha aguia de bronce dos romanos, pezas que se encontran a día de hoxe no Museo de Lugo. Durante a Idade Media, constrúese a Fortaleza de Carbedo. A fins do século VIII, ten lugar o feito histórico máis relevante do municipio. Os monxes de Samos resgardan da ira do seu tío ao futuro Rei Alfonso El Castro na parroquia de St. María de Folgoso, xunto ao río Lor. Este illamento xeográfico continúa en posteriores épocas, nas que a maior fonte de riqueza é a explotación dos diferentes recursos minerais, non podendo evitar un decrecemento da súa poboación, que buscaba na emigración unha saída a eses problemas xeográficos. Na actualidade, o municipio da Serra do Courel conserva as súas tradicións, comezando a surxir pequenas casas de turismo rural que dan aloxamento a unha clase de turistas, os cales saben apreciar como ninguén a tranquilidade e a beleza destas terras.

No hay comentarios:

Publicar un comentario