miércoles, 2 de mayo de 2012

RUTA 1

Ruta dá Devesa dá Rogueira: Esta ruta mostraranos unha das paraxes máis fermosas de Galiza. Para facela recomendamos ter dous coches. Un esperándonos á chegada na Aula dá Natureza de Moreda e outro que nos levará ao principio da ruta, na parte de arriba da Devesa. Para chegar a este punto, sairemos de Seoane en dirección ao Cámping de Esperante, Castelo de Carbedo e principio da ruta.
Castelo de Carbedo: A fortaleza de Carbedo atópase situado no antigo camiño que comunicaba Galiza co Bierzo, sobre unha gran rocha de 20 metros de altura que lle serve de defensa natural. Non se sabe a data exacta da súa construción, aínda que si se sabe que pertenceu ao cabaleiro Don Nuñez Peláez, que posteriormente o doou á Orde de Santiago, de gran poder na época. Na actualidade o seu aspecto é ruinoso, conservándose parte dos seus muros e do torreón circular. Nas súas proximidades atopouse unha Táboa da Hospitalidade, datada no ano 28 a.c., que se conserva no Museo de Lugo.

Devesa dá Rogueira:  A Devesa dá Rogueira é a reserva botánica máis importante de Galiza. Situada no corazón *da serra e rodeada polos cumes do Alto do Coto e de Formigueiros, é a ruta obrigada para todo o que se penetre por primeira vez no Caurel.
Aínda que pequena na súa extensión, 200 hectáreas, esta devesa alberga multitude de especies arbóreas que non permiten entrar os raios do sol. Acivros, haxas, carballos, bidueiros, castiñeiros, aveleiros... exemplares de todas as idades e tamaños que creceron nesta reserva que nos preparamos a percorrer, e que, grazas á súa propia humidade e ás pequenas canles que a percorren, estivo sempre a salvo de incendios.
Existen varias opcións para percorrer a pé a Devesa. A primeira comeza na aula de Natureza de Moreda, onde poderemos aprovisionarnos de material para a visita, que complementaremos cos distintos paneis existentes na ruta. Esta ruta aínda que comeza en chairo ten a dificultade da continua ascensión até a devesa á que chegaremos en media hora.
Na parte de arriba do bosque o camiño bifúrcase. O da dereita lévanos a un miradoiro desde o que contemplamos unha fermosa panorámica do Caurel e dos pobos de Moreda e Parada, berce do poeta Uxío Novo Neira. Desde este miradoiro continua unha pista de terra que ascende ao Monte Formigueiros, desde o cal podemos chegar á lagoa de Lucenza, formación de orixe glaciar. Polo camiño da esquerda chegamos en pouco tempo ás Fontes do Cervo, que teñen a particularidade que una delas ten augas calcáreas e transparentes mentres que a outra é de augas ferruxinosas, con propiedades curativas.
Como reflectimos, esta ruta é de bastante dificultade debido á continua pendente, polo que outra opción é facela en sentido inverso, desde o Alto do Couto. Para chegar alí, desde Seoane dirixímonos a Esperante. Pasamos o Cámping Caurel e os pobos de Esperante e Carboedo e tomamos unha desviación á dereita en dirección a Visuña. Despois de admirar o Castelo de Carbedo, que se alza sobre unha roca e do que hoxe se conserva parte da súa estrutura, chegamos ao Alto do Couto, onde un sinal á beira dunha pequena área recreativa indícanos o comezo do descenso.
Ademais da Devesa da Rogueira, existen outros exemplos de bosques autóctonos como a Devesa de Romeor ou a de Paderne.

1 comentario:

  1. Bien chicos, mejor estructurado en secciones interesantes y enlaces en barra lateral. El artículo de las rutas convendría "desenladrillarlo" un poco con una presentación más atractiva y algún gráfico o foto.
    ¡OK, seguid trabajando!

    ResponderEliminar