viernes, 27 de abril de 2012

NOVAS IMAXES ¡NO O PERDADES!

CARACTERÍSTICAS

Ten unha extensión de 21.020 hectáreas con fortes variacións de altitude, que van dende os 400-500 m no val do río Lor a máis de 1.600 m nos puntos máis altos como Montouto, Formigueiros (1.643 m) ou o pico de Pía Paxaro (1.610 m). O río Lor, e os seus afluentes forman ricos vales con diversos ecosistemas que fan que esta serra sexa a reserva botánica máis importante de Galiza. A poboación esparéxese de xeito disperso, formando numerosos núcleos de poboación. Nunha sima desta serra atopáronse os restos humanos máis antigos que se conservan de Galiza (entre 8.000 e 10.000 anos) canda os únicos restos de uro (Bos primigenius) achados en todo o país. Estas terras foron un gran referente nas obras de Uxío Novoneyra, poeta e escritor natural de Parada de Moreda.A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sureste da provincia de Lugo que se estende polos concellos de Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro.